Departamento T06

Mestrado Universitario en Enxeñaría de Minas


O Mestrado Universitario en Enxeñaría de Minas pola Universidad de Vigo habillita para a profesión regulada de Enxeneiro/a de Minas. A mellor maneira de coñecer qué formación aporta este título académico é achegarse á propia profesión de Enxeñeiro/a de Minas: en qué ámbitos traballa e cómo desenvolve a súa actividade profesional.

O Enxeñeiro de Minas debe formarse principalemnte nas tecnoloxías propias das grandes obras de movementos de terras e rocas. Pero igualmente debe acadar unha alta formación tecnolóxica e económica para abordar os procesos da industria metalúrxica, química e eléctrica e, de maneira singular, o relacionado coa xeración de enerxía e cós combustibles.

MODALIDADE: Presencial
DURACIÓN: 2 cursos académico
Nº PRAZAS: 40 prazas
Créditos: 120 créditos ECTS

Mestrado en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural


O Mestrado en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio pretende configurarse coma un punto de encontro entre profesionais que traballamos con este patrimonio. Xa sexa dende o punto de vista da investigación e conservación dos seus elementos ou dende a transferencia bidireccional de coñecemento coa sociedade. É por esto que se pretende crear un espazo interdisciplinar para diferentes especialistas, incidindo nunha formación integral que os capacite coma xestores cualificados capaces de desenvolver protocolos de traballo conxuntos.

Unha oferta formativa única e innovadora, que sintetiza competencias múltiples para capacitar aos novos profesionais. Tres ramas disciplinares cun protagonista común: o patrimonio.

MODALIDADE: Semipresencial
DURACIÓN: 1 curso académico
Nº PRAZAS: 20 prazas
Créditos: 60 créditos ECTS
Páxina web do Título

Tríptico informativo
Memoria

Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais


O programa de Prevención de Riscos Laborais é un programa interdisciplinario, con base teórica e metodolóxica nas ensinanzas técnicas, que ten como obxectivo a formación académica e/ou profesional do alumnado coma especialistas en seguridade integral na industria.

Dada a escasa implantación da perspectiva das ensinanzas sobre seguridade e prevención nas enxeñarías españolas, o Mestrado en Prevención de Riscos Laborais pretende ofrecer unha formación avanzada e sistemática nos conceptos, teorías e metodoloxías da análise tanto de seguridade en instalacións, normativa, prevención de riscos no traballo pertencentes a diversas disciplinas académicas e ámbitos profesionais.

MODALIDADE: Presencial
DURACIÓN: 1 curso académico
Nº PRAZAS: 50 prazas
Créditos: 60 créditos ECTS
Páxina web do Título

Tríptico informativo
Memoria

Mestrado Interuniversitario en Xeoinformática


A Xeoinformática permite deseñar e desenvolver sistemas informatizados para a xestión de información xeoespacial, baseados nos requisitos de clientes e usuarios con multitude de obxectivos e aplicacións.

A Xeoinformática permite aplicar diferentes modelos de análise do territorio mediante a simulación de patróns de comportamento espacial. Asímesmo, permite a xestión de infraestructuras de datos xeoespaciais, da soporte a proxectos relacionados coas xeotecnoloxías, facilita a comunicación entre usuarios e organizacións xeneradores de xeoinformación e contribúe a unha mellor toma de decisións nas problemáticas de carácter ambiental e socioeconómico.

MODALIDADE: Presencial
DURACIÓN: Un curso académico
Nº PRAZAS: 30 prazas
Créditos: 60 créditos ECTS

Programas de Doutoramento nos que participan membros do Departamento


Programa de Doutoramento en Xeotecnologías Aplicadas á Construcción, Enerxía e Industria

Memoria | Páxina Web

Programa de Doutoramento en Modelización Medioambiental e Mineira

Memoria | Páxina Web

Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural

Memoria | Páxina Web