Departamento T06

Inicio

Presentación


Benvidos á páxina web do Departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo.

O Departamento constituíuse no ano 1997 e actualmente agrupa sete áreas de coñecemento de dita Universidade: Enxeñaría Agroforestal, Producción Vexetal, Explotación de Minas, Tecnoloxía do Medio Ambiente, Prospección e Investigación Mineira e Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría.

Con esta composición multidisciplinar o Departamento, integrado por docentes, investigadores, becarios e persoal administrativo, abrangue todos os aspectos relativos á explotación e xestión de recursos naturais, renovables (forestais, agrícolas) e non renovables (minerais), poñendo especial énfase na sostenibilidade da actividade e as súas connotacións medioambientais.

O profesorado do Departamento imparte docencia nas Titulacióons de Enxeñaría Técnica Forestal (Campus de Pontevedra), Enxeñaría Técnica Industrial e Enxeñaría de Minas (Campus de Vigo) e Enxeñaría Agraria e Grao en Ciencias Ambientais (Campus de Ourense), e engloba diferentes Grupos de Investigación que participan en numerosos proxectos I+D+I, financiados tanto en convocatorias públicas competitivas (Fondos FEDER, Proxectos de Investigación do Plan Nacional, Xunta de Galicia) como por o sector privado.

Asimesmo, o Departamento imparte os Programas de Doutoramento de Xeotecnologías Aplicadas á Construcción, Enerxía e Industria (GeoCEI) e Modelización Ambiental e Mineira.

Sede


E.T.S. DE ENXEÑARÍA DE MINAS

Despachos M06 e M07
Rúa Maxwell s/n
Campus Lagoas Marcosende
Universidade de Vigo
36310 Vigo
+34 986 812 045 - despacho M06 (admin.)
+34 986 813 495
dept06@uvigo.es
Buzón de quejas, sugerencias o felicitaciones