Adscrito
Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Información de contacto
+34 986 813 499
ivgarrido@uvigo.gal
Breve CV
Graduado en Enxeñaría da Enerxía pola Universidade de Vigo en 2015. Mestría en Eficiencia Enerxética na Edificación, Industria e Transporte pola Universidade Politécnica de Madrid en 2017. Actualmente estudante do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Xeotecnoloxías Aplicadas á Construción, Enerxía e Industria proposto polas universidades de Salamanca e Vigo. En concreto, a súa tese de doutoramento titúlase “Automatización da inspección termográfica: desenvolvemento de algoritmos termo-xeométricos para a detección de patoloxías apoiados en estratexias de aprendizaxe automático”, centrándose no desenvolvemento de algoritmos de procesamento de imaxes termográficas para a detección, clasificación e caracterización automática de patoloxías que se poden atopar nunha gran variedade de estruturas a diferentes escalas e a súa posterior integración nun sistema de xestión baseado en estratexias de aprendizaxe automático. Ao mesmo tempo, imparte clases na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo dentro da Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría, grazas a unha bolsa do Ministerio de Economía e Competitividade (Goberno de España), denominada FPU – Formación de Profesores Universitarios.