Pozo Antonio

Investigador/a Ramón y Cajal

Área de Explotación de Minas

Información de contacto

+34 986 814 077
ipozo@uvigo.es

Breve CV

Enxeñeiro de Minas, especialidade ambiental e mineira en 2009 e Doutor en Tecnoloxía Medioambiental pola Universidade de Vigo en 2013 obtendo o Premio Extraordinario de Doutoramento. Está acreditado pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación como axudante doutor, profesor de universidade privada e contratado doutor desde 2014. Imparte docencia universitaria desde 2012. Os seus intereses de investigación son: conservación e restauración de materiais constuíntes do Patrimonio Cultural, principalmente materiais pétreos. É coautor de máis de 30 artigos en revistas de prestixio internacional e participa activamente en congresos, reunións e asociacións vencelladas ao Patrimonio Cultural. Participou en 13 proxectos de investigación/contratos con empresas, sendo algúns deles con colaboración internacional. Ademais de realizar estadías curtas en institucións internacionais como Nottingham Trent University (Reino Unido) realizou 3 estadías de investigación cunha duración dun ano cada unha delas: Getty Conservation Institute (Los Angeles, EEUU), Instituto Superior Técnico (Lisboa, Portugal) e Institute of Electronics Structure and Laser-Foundation for Research and Technology-Hellas (IESL-FORTH-Hellas, Creta, Grecia). Ata setembro de 2017, co-dirixiu 1 proxecto Fin de Carreira, 2 Traballos Finais de Grao, 3 Traballos Finais de Mestrado e co-dirixe a tese de doutoramento titulada: Effectiveness of graffiti cleaning procedures and anti-graffiti products on Cultural Heritage stones.

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Martes: de 16:00 a 18:00, Despacho M001, Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía