Solla Carracelas

Investigador/a Ramón y Cajal

Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría

Información de contacto

merchisolla@uvigo.es

Breve CV

Obtivo o título de Doutoramento Europeo (cum laude e premio extraordinario de doutoramento) en xeodesia e xeofísica pola Universidade de Vigo en 2010. Actualmente é profesora contratada doutora no Centro Universitario da Defensa (adscrito á Universidade de Vigo) no Grado en Enxeñería Mecánica. Dende 2007, forma parte do grupo de investigación “Xeotecnoloxías Aplicadas” da Universidade de Vigo, que ten sido recoñecido como grupo de referencia e competitividade. Dende 2012, colabora có Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en proxectos enmarcados en temáticas relacionadas coa arqueoloxía extensiva e vulcanoloxía. É membro activo (representando a España) da COST Action TU-1208 “Civil Engineering Applications of Ground Penetrating Radar”. A súa investigación actual está principalmente enfocada ao emprego do xeorradar ou radar de subsolo aplicado á enxeñería civil e arqueoloxía, así como o uso de ferramentas SIX para análise territorial.

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

 

2º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.