González Prieto

Profesor/a asociado/a

Área de Enxeñaría Agroforestal

Información de contacto

+34 986 801 922
oscargprieto@uvigo.es

Breve CV

D. Óscar González Prieto (Ourense, 1977), é Enxeñeiro Técnico Forestal pola Universidade de Vigo e Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Göttingen (Alemaña). Posúe o título de Doutor Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Vigo (Dpto. Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio ambiente) con nota Sobresaliente- CumLaude (Decembro 2015). Realizou estadías na Universidade de Göttingen (Alemaña) no departamento de “Holztechnology und Holzbiology”, así como na Universidade Bodenkultur de Viena (Austria). Participou en numerosos traballos de investigación e proxectos relacionados coa madeira de Eucalyptus globulus e Pinus pinaster, co obxecto de caracterizar a madeira e clasificar a súa durabilidad, así como establecer estudos de procesabilidad industrial: secado, encolado, etc. Destaca tamén a elaboración de numerosos informes técnicos para a resolución de conflitos ou para os enfoques técnicos e comerciais con produtos de madeira e derivados. Membro o IRG internacional durante o 2010-2011, participou en congresos como asistente e relator en varias ocasións.

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Mércores: de 12:00 a 15:00, Despacho 9 – Laboratorio de Madeiras, Escola de Enxeñaría Forestal

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

2º cuadrimestre

Titorías presenciais
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Xoves: de 14:00 a 16:00, Despacho 9 – Laboratorio de Madeiras , Escola de Enxeñaría Forestal