Arias Sánchez

Catedrático/a de universidade

Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría

Información de contacto

+34 986 813 645
parias@uvigo.es

Breve CV

Doutor en Enxeñaría de Minas pola Universidade de VIGO en 2003. Desde 2007 Profesor Titular na Universidade de Vigo. Está acreditado ao corpo de Catedráticos desde 2012. Impartiu docencia universitaria desde 1997. Os seus intereses de investigación son as técnicas Xeomáticas. É coautor de máis de 120 publicacións (artigos e capítulos de libros), participante en máis de 75 proxectos de investigación e contratos con empresas. É coautor de 16 patentes e modelos de utilidade. Realizou 3 estancias de investigación no estranxeiro. Colaborou na organizado máis de 20 seminarios e congresos. Dirixiu máis de 12 Teses Doutorais e máis de 100 Traballos Fin de Máster, Traballos Fin de Grao e Proxectos Fin de Carreira. Foi Director da E.T.S.E. MINAS da Universidade de Vigo. É membro das comisións técnicas da ISPRS (The International Society for Photogrammetry and Remote Sensing). É censor de numerosas revistas nacionais e internacionais. É avaliador externo da ANEP, ACSUG e DEVA. Recibiu o Premio CIENCIA E TECNOLOXÍA da Deputación de Pontevedra.

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

 

2º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.